jueves, 21 de noviembre de 2013

Joel, Helí, Sergio e Ángel descubrindo a música galega desde Cacabelos.


Elexín esta canción porque a música rock/punk é a que máis me gusta e con esa canción represéntase o rock do noso país na súa historia como o seu nome indica.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galega formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces intrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de tématica moi variada nas que predominan os extos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Os membros: Bateria: Alex Sevilla. Gaita: Xaco Barona. Baixo: Carlos Freire. Voz e guitarra: Vituco Neira. Guitarra: Miguel Duarte. Saxofón: Xoan Pericán

Joel Álvarez


Gústame este grupo por varios motivos: teñen un gran sentido do humor e fan cancións sinxelas pero gustan. A canción ten un ritmo lento pero é bonita, faite rir e pasar un bo momento.
Fai referencia ao ''ghuapo'' que pensa que é un home e o bo que ''supostamente'' está. Tamén di que vai ter a rapaza que lle dea a gana porque podería ter calquera.
Xémero: Grastropunk

Os membros de Terbutalina son: Migui: Voz principal e guitarra. Mon: guitarra e voces. Sam: Baixo e voces Brais: Teclado e voces. Carlos: Batería.
Esta canción pertece ao primeiro disco ''Broncodilatador'' lanzado en setembro de 2011.

Helí Potes



Gustoume esta canción porque o grupo era e cantaba en galego. A letra do tema tamén está ben e a portada do cd é orixinal. Este disco é dos primeiros que sacou Ataque Escampe.

Ángel Garnelo



Elixín esta canción porque é un poema moi expresivo. nel a escritora Rosalía de Castro conta como é a sua vida e as angustias que sofre ao vivila, como por exemplo a morte do seu home. É un poema moi triste pero á vez moi bonito. Gustoume, porque expresa como se sinte ante as desgrazas.

Sergio Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.